UNHA AXUDA PARA EMMA

A comezos deste trimestre recibimos no colexio a visita de Cristina, a nai de Emma, unha nena de Pontedeume que ten síndrome de Angelman. Cristina contounos en que consiste o síndrome, como é o día a día de Emma e explicounos que están recollendo envases plásticos e tapóns para recaudar diñeiro que lles permita pagar as terapias que Emma necesita.

Pero non calquera envase é válido. Por iso, para dar a coñecer esta información ao resto de nenas e nenos do colexio e que todas e todos poidan colaborar, fomos por todas as clases explicando brevemente en que consiste "Unha axuda para Emma" e que plásticos podemos reciclar.





Tamén preparamos uns vídeos con esta información para que, se vos xorden dúbidas ou non recordades que recipientes podedes proporcionarlles. Aquí vos deixamos os códigos QR con esta información que deixamos nas aulas do colexio.





Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares