NEW YORK CITY

Ola  a todas e todos!

Durante este 3º trimestre nas clases de Inglés as nenas e nenos de 5º A e 5º B traballamos de forma conxunta para investigar sobre unha cidade de fala inglesa e que é, ademais, unha das máis famosas do mundo. Trátase de Nova York, lugar polo que Phileas Fogg e os seus acompañantes pasan no transcurso da súa volta ao mundo. Aquí tedes o resultado da nosa investigación en forma de podcast. Neste novo programa da nosa Radio falangueira, sempre á túa beira preparamos unha guía sobre a cidade das luces facendo un percorrido por aqueles datos e cuestións que nos pareceron interesantes interesantes, sobre todo, se estamos a organizar unha viaxe con este destino.

Para descubrila e poder coñecer información e datos de interese sobre a mesma empregamos a seguinte presentación, que contén algúns dos recursos que nos permitiron achegarnos virtualmente a esta gran cidade americana.


Comentarios

Entradas populares