RADIO FALANGUEIRA, SEMPRE Á TÚA BEIRA!

 Como xa sabedes, chegou a radio ao noso colexio da man do proxecto "Radio na Biblio". Para estrearnos como podcasters na nosa "Radio falangueira, sempre á túa beira", decidimos gravar un primeiro programa antes de rematar este 2º trimestre. O tema sobre o que trata o podcast é o Día da Muller. Este curso celebrámolo creando un mural chamado "Pioneiras" inspirado en diversas mulleres da nosa terra que marcaron a Historia por seren as primeiras galegas en estudar, investigar, crear...é dicir, facer cousas que nunca antes as mulleres fixeran.

Como son moitas, escollemos só unhas poucas que nos pareceron moi interesantes para incluír no guion do noso programa, pero tedes o mural no corredor da pranta baixa do colexio con todas elas, por se queredes visitalo.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso de gravación e o resultado. Agardamos que vos guste tanto como a nós preparalo!






Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares