ACTIVIDADES NOVEMBRO

 Ola de novo!

Aquí vos deixamos unha mostra de dúas actividades que realizamos durante o pasado mes de novembro.

Debido a que este é considerado o Mes da Ciencia, contamos cunha exposición no hall do colexio formada por libros e instrumentos utilizados polos científicos no seu traballo, como os microscopios.

Fomos visitala e alí probamos os instrumentos, botamos un vistazo e comentamos os libros que había e que estaban relacionados con distintos aspectos que se estudan desde esta disciplina, como os animais, as plantas, o clima, o espazo, a Terra, etc.



Por outra banda, este mes conmemoramos no centro o 25N, Día contra a Violencia Machista. Para iso, preparamos unhas pulseiras nas que escribimos o lema Unímonos e preparamos un mural conxunto con mensaxes de amor, igualdade e contra a violencia machista.


Ademais, preparamos un baile e cantamos a canción de Los Secretos Déjame. Aquí vos deixamos o vídeo coa nosa actuación.

Agardamos que vos guste!!!

Comentarios

Entradas populares