VIAXAMOS ATA LONDRES

 Boas a todas e todos!

Comezado o libro A volta ao mundo en 80 días, damos inicio tamén á nosa propia viaxe arredor do mundo para coñecer algúns países dos diferentes continentes.

A primeira parada facémola en Londres, cidade na que vive o protagonista da nosa historia: Phileas Fogg. Aínda que é ben coñecida por todos, xa que é unha cidade moi importante, queremos aprender máis curiosidades e datos sobre ela. Ímolo facer con dúas actividades.

A primeira delas consiste en ler uns libros, ver algúns vídeos e visitar algunha web que contén información sobre a capital británica. Con todos estes datos teremos que responder despois unhas preguntas para comprobar o que aprendemos:


 Coa segunda actividade temos que descubrir unha personaxe inglesa importante na Historia do seu país. Para chegar ata o final e coñecer o nome de dita persoa teremos que resolver unha serie de retos para os que precisaremos buscar información na Internet:

Comentarios

Entradas populares