SAÍDA A FERROL

 SAÍDA A FERROL

Hoxe fomos a Ferrol e visitamos o Museo de Historia Natural e o Museo da construción Naval.

No museo de historia natural puidemos ver a mellor colección de ósos de cetáceos ibérica, destacando o esqueleto dunha balea común de 18 m, unha lura xigante, distintas especies raras de tiburóns, fósiles de Zifios de 15 millóns de anos de antigüidade, crustáceos de Galicia, cunchas....

No museo da construción naval explicáronnos moitas cousas interesantes dos estaleiros de Cantabria e tamén dos de Ferrol, vimos unha reprodución dunha fragua, cadernas de embarcacións enormes, métodos de propulsión dos barcos.... e despois fixemos un xogo de Kahoot entre todos. Pasámolo moi ben!!!!

Agora podedes facer esta  xincana, e ver así o moito que aprendestes nesta visita. Pinchade no enlace e ánimo!!!!!!

https://www.guiaventuras.com/adventure.php?information=visita-guiada-museo-construccion-naval-ferrol-1168

Aquí vos deixamos tamén un vídeo con algunhas fotografías que sacamos durante a saída:

Comentarios

Entradas populares