SAMAÍN 2022

 Boas de novo!

Como cada curso por estas datas, celebramos no colexio o Samaín. Este ano fomos os encargados e encargadas, xunto co alumnado de 6º, de realizar unha pequena investigación  relacionado con esta festividade. Tendo en conta ademais o PDI Couceiristas polo mundo, este traballo centrouse nos monstros que habitan en todos os recantos do noso planeta.

Para levalo a cabo, cada curso escolleu un continente. Nós eliximos o americano e, mentres que en 5º A buscamos información sobre as criaturas de América do Norte, en 5º B fixémolo sobre América Central e do Sur.

O traballo que elaboramos foi exposto despois no colexio para que o resto de cursos puidesen visitalo e informarse sobre os monstros que hai no mundo. Ademais, gravamos uns vídeos con esta información para poder compartilo tamén coas familias. Aquí vos deixamos a presentación que preparamos para que poidades botarlle unha ollada.


Para finalizar esta semana de celebración, fomos visitar a exposición que prepararon desde a Biblioteca con lecturas de medo, entre as que escollimos algúns libros para ler na biblioteca e na aula; e tamén a das cabazas, na que puidemos atopar un montón de cabazas decoradas de xeito moi orixinal por parte de todas as nenas e nenos do colexio, entre as que, por suposto, se atopaban tamén as nosas.

O Samaín chegou á súa fin na escola. Agora tócanos celebralo na vila. Pásadeo moi ben e vémonos á volta da ponte!

Comentarios

Entradas populares