COUCEIRISTAS POLO MUNDO

 Boas a todas e todos!


Como xa vos adiantamos na publicación anterior, este curso o PDI do noso colexio céntrase nas viaxes e, para motivarnos máis a investigar e descubrir diversos países, este curso contamos cunha decoración ambientada neste tema.

Ademais, dado que o punto de partida son os libros, contamos cunha exposición chea de suxerencias literarias que poder ler na clase e na biblioteca e que nos permitan non só coñecr outros países, se non tamén as súas xentes, formas de vida, Historia, curiosidades, etc.
Para dar comezo tamén a este proxecto dentro da aula, as alumnas e alumnos de 5º A e 5º B realizamos unha actividade que nos permitiu coñecer cal era o libro que leremos no terceiro ciclo e o seu autor: tivemos que dar resposta a unha serie de retos e preguntas ata chegar ao nome do famoso escritor francés Jules Verne. Para coñecelo mellor, estivemos recollendo información sobre el e vimos algúns vídeos que nos permitiron descubrir datos interesantes sobre a súa historia persoal e profesional. 

Agora comezaremos a lectura da súa obra A volta ao mundo en 80 días, dando inicio así á nosa viaxe arredor do mundo. Estade atentos, pois manterémosvos informados dos nosos progresos!!



Comentarios

Entradas populares