BENVIDA
Ola!!!!
Somos as titoras dos quintos, queremos darvos a benvida a este blog, nel colgaremos actividades, notas, xogos, vídeos, fotos..... para completar os coñecementos e propoñer actividades tamén teredes aquí recordos de saídas, informacións, etc.
Este curso os nenos, nenas, mestres e mestras do Cocuceiro imos
embarcarnos nunha viaxe a través dos libros que se atopan nos andeis da
nosa biblioteca e noutros que iremos mercando ao longo do curso.
Este curso o tema do PDI son as viaxes, os do terceiro ciclo, imos ler o libro de Julio Verne "A volta ao mundo en 80 días".
Julio Verne, foi un escritor - inventor da ciencia ficción e coa facilidade que tiña para imaxinar cousas, fixo gozar á xente con moitísimas viaxes incribles. Fíxolles imaxinar o fondo do mar, o centro da Terra, os países máis exóticos do mundo, a superficie da lúa...
Nós, na aula, iremos descubrindo novos lugares, cousas moi interesantes e curiosidades ao longo da lectura deste marabilloso libro.
Estades preparados para empezar a aventura?
Comentarios
Publicar un comentario